Gómez Besteiro, no mitin do PSdeG-PSOE no Barco

O secretario xeral do PSdeG-PSOE defende un proxecto europeo que “beneficie á maioría”
Xosé Ramón Gómez Besteiro no Barco.

Xosé Ramón Gómez Besteiro no Barco.

Asistentes ao mitin celebrado no Teatro Lauro Olmo.

Asistentes ao mitin celebrado no Teatro Lauro Olmo.

Gómez Besteiro con Carmen Acuña e Alfredo García ao remate do mitin.

Gómez Besteiro con Carmen Acuña e Alfredo García ao remate do mitin.

No marco da campaña das eleccións europeas Xosé Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG-PSOE, realizaba a súa primeira visita a Valdeorras. Participaba no mitin celebrado polos socialistas na tarde do 18 de maio no Teatro Lauro Olmo do Barco para achegar unha “mensaxe de alegría porque o PSOE é un partido alegre e responsable e que presenta alternativas”. Aseguraba que a crise trouxo un “certo pesimismo”, pero reivindicou a política “tal e como a concebimos nós, que si cambia a vida das persoas”. Ademais indicaba que “cando se vota a un partido, hai que ter a seguridade de que ese partido cre en Europa” e fixo fincapé en que a “Europa hai que ir a negociar e a convencer porque nela somos 28 países”.

Entre as proposta que o partido socialista pon sobre a mesa nestes comicios europeos Gómez Besteiro referíase á “loita contra o fraude, a mutualización da débeda e á xeración de emprego”, entre outras cuestións. Subliñaba que “temos que levar os problemas de Galicia a Europa, pero tamén temos que traer Europa a Galicia”. E pedía o voto para “un proxecto común que beneficie á maioría. O cambio é posible, está nas nosas mans”.

A súa intervención foi precedida polas palabras do alcalde do Barco, Alfredo García, e da deputada autonómica valdeorresa do PSdeG-PSOE Carmen Acuña. Así Alfredo García abría o acto apuntando que “Europa é necesaria é imprescindible. Queremos e plantexamos a Europa da igualdade e dos dereitos, pero de momento a única que temos é a dos recortes”. E fronte a iso, dixo, “a única alternativa real é o PSOE”.

Pola súa banda, Carmen Acuña lembraba que “nós sempre vimos Europa como unha solución” e mencionaba a chegada de fondos europeos ou a venta de lousa valdeorresa nos países da UE. Sen embargo, “agora Europa non é unha solución, tense convertido nun problema, a Troika e os señores e señoras de negro comezan a controlar o noso país. Pero temos a oportunidade de cambiar isto cos nosos votos para acabar coa maioría da dereita no Parlamento Europeo. Temos que reaccionar”, dicía a parlamentaria.

Fotos: Carlos G. Hervella

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies