EconomíaEconomía

I Mercado de Outono, na Rúa

Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

O “I Mercado de Outono. Feira das Oportunidades” celebrábase con éxito o 27 de outubro no pavillón polideportivo da Rúa baixo o lema “Goza dun domingo diferente”. Na cita participaron uns 20 establecementos comerciais valdeorreses do téxtil, moda infantil, deporte, perfumería, bisutería, calzado, fogar, etc. Non faltou a música tradicional (da man de Abertal) e inchables para os nenos. A iniciativa foi promovida por AEVA, en colaboración cos concellos do Barco e A Rúa, e cofinanciada pola Dirección Xeral de Comercio.

Texto: O Sil/Redacción Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button