En portada

Innovación e rentabilidade

En 2014 a planta de Autoneum na Rúa comezará a fabricar as pre series do novo proxecto para Renault.

Autoneum-portada
Foto Carlos G. Hervella

Os comezos nunca son doados e menos para unha fábrica do sector da automoción, un dos máis competitivos do mecado, que se instala nunha zona completamente allea a este tipo de produción. Para Autoneum Spain Northwest, S.L.U. ubicada no polígono das Pedreiras en A Rúa (Ourense), dende logo non o foron, a pesares de que neste momento, case sete anos despois do arranque en medio dunha gran polémica, é unha da poucas que está soportando o peso da crise.

A instalación dunha das fábricas desta multinacional, presente en practicamente tódolos países do mundo e especializada na produción de sistemas térmicos e acústicos, supuxo para a comarca de Valdeorras unha alternativa económica máis. Para os empresarios abría novas portas conscientes das necesidades que unha factoría destas dimensións requerirían. E tamén para moitas persoas, con distintos niveis de formación que viron unha nova saída laboral.

Hoxe a planta de Autoneum na Rúa conta con entre 130 e 132 empregados, uns 90 fixos e o resto temporais, distribuídos nos diferentes departamentos, dende o administrativo ata o de recursos humanos, calidade e produción, aos que de forma indirecta lles prestan servizo diferentes empresas da zona.

Ao fronte da factoría de 6.000 metros cadrados de superficie, está Juan Bernete, o plant manager (de orixe español pero criado en Bélxica) que entraba no cargo o 1 de novembro de 2008 para substituír ao valdeorrés Pablo García, responsable da posta en marcha da planta dous anos antes.

Texto: Mónica G. Bellver

(A reportaxe íntegra pode lerse na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button