ConcellosÚltima hora

Mostra de produtos endóxenos en Bande

Preto de 40 expositores daranse cita na feira os días 12 e 13 de agosto

ENDîXENOS 2

A praza da Constitución de Bande acollerá os días 12 e 13 de agosto, a XVIII “Feira-mostra de produtos endóxenos” na que participarán preto de corenta expositores de artesanía, gastronomía, produtos locais, información turística e zona de pinchos.

A inauguración será o martes 12 de agosto ás 12:30h. en horario ininterrumpido ata as 24h. O mércores o horario de apertura do recinto será de 9 a 24h.

Á parte da feira, Bande acollerá eses días outras actividades. O martes ás 20h. na mesma praza, o grupo Migallas Teatro porá en escena o espectáculo “Merenda con pan e millo” onde se conxugan teatro e danza. Ao día seguinte, a partires das 17h. na rúa San Roque haberá xogos de auga e fariña para os máis pequenos, e á partires das 20h. actuación do Mago Richard na praza.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button