ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Multitudinaria romaría do Pai Eterno en Lardeira

Fieis á tradición, durante a procesión os devotos pasaron por debaixo do santo

Un ano máis o sol e o calor acompañaron á romaría do Pai Eterno que se celebraba na mañá do 15 de xuño en Lardeira, na comarca de Valdeorras.

A máis de 1.000 metros de altitude, centos de devotos asistían á procesión coa peculiar imaxe do Pai Eterno, tres figuras a partir dun único tronco. Algúns pasaban por debaixo da imaxe como manda a tradición, outros simplemente completaron o percorrido que remataba na igrexa parroquial de Lardeira onde tiña lugar a eucaristía.

Alí, durante o culto, os coros formados por homes e mulleres entonaron os “Gozos do Padre Eterno”, uns cánticos especialmente adicados ao santo. E trala misa, a xente aproveitou para pasar o día de campo, xantando nas inmediacións da igrexa.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button