EconomíaEconomíaViticultura

Novas accións en Suíza da D.O. Ribeiro

O Consello Regulador e nove adegas realizaban presentacións en Basilea e Zürich
Imaxe dunha das accións realizadas en Suíza.
Imaxe dunha das accións realizadas en Suíza.

As cidades de Basilea e Zürich acollían a finais de maio presentacións da Denominación de Orixe Ribeiro. Tiñan lugar, respectivamente, no hotel Der Teufelhof Basel e no restaurante Metropol (en horario de 16.00 a 20.00 horas). Estas accións diríxoronse ao sector especializado deste país e nelas participaban, ademais do Consello Regulador, nove adegas desta zona produtiva ourensá: Bodega Alanís, Bodegas Campante, Bodegas Docampo, Casal de Armán, Coto de Gomariz, Eduardo Peña, Pazo de Vieite, Terra do Castelo, Viña Costeira.

A parte das presentacións, unha marca de cada adega foi incluída en dous seminarios que versaban sobre a variedade Treixadura e as súas mesturas. Desenvolvéronse en cada unha das cidades suízas e contaron coa participación do xornalista especializado, profesor e formador de sumilleres, David Schwarzwälder. Así durante os seminarios resalizou unha cata comentada de cada un dos viños, “para que os asistentes suízos puideran entender máis claramente as excepcionais características dos viños da Denominación de Orixe Ribeiro. Así mesmo, se realizou unha cata vertical para amosar o potencial de maduración das variedades autóctonas do Ribeiro con viños do 2009”, tal e como se informa dende o consello regulador.

Con estas novas accións vén de reforzarse a aposta do Ribeiro polo país helvético no que xa teñen realizado anteriormente seminarios nas principais escolas de hostalería e sumillería de Suiza e no que se participou cunha tasting table dirixida a importadores do país no Día do Viño, celebrado en Zürich o pasado mes de febreiro.

Foto cedida polo CRDO

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button