OurenseÚltima hora

Novas actuacións na Catedral de Ourense

Con elas búscase recuperar a vista orixinal da súa fachada sur, segundo a Consellería de Cultura
Visita á Catedral de Ourense.
Visita á Catedral de Ourense.

A Consellería de Cultura prepara dun prego de condicións técnicas para a recuperación da portada medieval e limpeza da fachada norte da Catedral de Ourense, así como nas melloras para o acondicionamento do patio que se encontra entre a nave da catedral e o edificio de Coengos, ademais de nas criptas que están por debaixo del. Así o aseguraba o titular deste departamento autonómico, Xesús Vázquez, na visita realizada ao templo na mañá do 18 de xullo.

“Esta última actuación permitirá recuperar a vista da fachada sur da Catedral, nestes momentos parcialmente cuberta, co que se ennobrecerá a entrada ao Arquivo Catedralicio e ao edificio de Coengos. Estes traballos servirán, así mesmo, para recuperar un espazo que podería destinarse á ampliación do museo do templo, coa posibilidade de facer nel unha exposición de pezas pétreas ao aire libre”.

No seu percorrido pola catedral o conselleiro estivo acompañado polo bispo, Leonardo Lemos; o delegado da Xunta na provincia, e pola directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua, entre outras autoridades. Ademais Vázquez resaltou que se acaban de adxudicar a restauración da pintura do muro norte do nártex. “Estas tres novas actuacións que veño de resumirlles – engadiu- supoñen un investimento de máis de 460.000 euros que se suma aos preto de 1,1 millóns de euros que destinamos ás obras xa rematadas ou que están en execución nesta Catedral de San Martiño, co que podemos dicir que en tan só 4 anos o esforzo económico dedicado á súa conservación supera os 1,5 millóns de euros”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button
Close