DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O ourensán Paz, vencedor da VI Carreira Popular dos Santiños

A proba, cun percorrido de 7.000 metros, tiña lugar no Barco o primeiro domingo de novembro

Ás doce do mediodía do 3 de novembro dábase a saída nas pistas de Calabagueiros aos máis de cen atletas que competían na proba de maiores, que abranguía as categorías cadete, xuvenil/xunior, absoluto e veteráns. A partir de aí corrían por un circuíto de 3.500 metros, idéntico ao da pasada edición e que discurría polo Malecón ata a zona do Casino, onde xiraban para regresar ao campo de fútbol. Todas as categorías deron dúas voltas, a excepción dos cadetes, que só fixeron unha.

O vencedor absoluto da proba foi José Antonio Paz (Veteranos Pabellón Ourense), mentres que Santiago García (Burgas At.) entraba segundo e o valdeorrés Damián Anta (Adas), terceiro. No que respecta a absoluto feminino, o título lográbao Sonia Teijeiro (Running Ourense), a subcampiona foi a valdeorresa Ana García (Adas) e a terceira clasificada María José Grobas (A Silva).

Texto: Ángeles Rodríguez Fotos: Ángeles Rodríguez/ Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button