EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA presenta a súa nova campaña de Outono

Desenvolverase durante os meses de outubro e novembro e terá por lema “Gaña cartos mercando nos establecementos do CCA”
Foto: Ángeles Rodríguez
Foto: Ángeles Rodríguez

A partires do 11 de outubro e ata o 23 de novembro un total de 4.200 cartillas de puntos distribuíranse polos establecementos asociados ao Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Con elas porase en marcha a nova campaña “Gaña cartos mercando nos establecementos do CCA” na que poderá optarse a catro premios: 1 vale de 200 euros en compras e 4 vales de 50 euros en compras para invertir nos locais asociados.

“As cartillas, cumprimentadas coa totalidade de puntos, entregaranse grapadas cos correspondentes tickets de compra, en calquera dos establecementos do centro comercial aberto ata o día 23 de novembro deste ano ás 13:30 h.”, explicaba o presidente do Barco CCA, Ángel Álvarez na presentación. Cada local entregará un punto por cada 10 euros de compra (agás no caso da hostalaría e servizos) que se irán pegando nos recadros da cartilla.

Non se trata dun sorteo, aclaraba Ángel Álvarez, “os premios correspondéranlle aos clientes que acrediten, cos tickets de compra grapados á cartilla de puntos, o maior importe en compras en establecementos de obarcoaberto centro comercial”.

Texto e foto: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button