ConcellosÚltima hora

O Campo (O Barco) celebra as festas patronais de San Antón

O principal acto relixioso terá lugar o o 13 de xuño pola tarde
Procesión de San Antón en O Campo (O Barco).
Procesión de San Antón en O Campo (O Barco).

A bendición de familias, nenos, noivas, pans e veas, é un dos actos que caracteriza a eucaristía na honra a San Antonio Abade que se celebra o 13 de xuño no pavillón deportivo de Calabagueiros do Barco de Valdeorras.

Con todo os actos litúrxicos na parroquia barquense de O Campo, comezan nove días antes, coa novena que se celebrará na capela dende o mércores 4 de xuño ata o xoves día 12, tódolos días ás 18 e 20:30h. a excepción do domingo día 8 que será ás 12 e ás 20:30h.

O acto central terá lugar na tarde do venres 13 de xuño. Ás 19:30h. seguindo o son das bombas, catro mulleres levarán en procesión a imaxe de San Antonio dende a capela ata o pavillón acompañada polos fieis e a música dos gaiteiros. Alí, D. Carlos Fernández, vicario de Pastoral da diócese de Astorga, presidirá a eucaristía e proclamará a palabra.

Texto e foto: Mónica G. Bellver
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button