ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O “Carro Enfeitado”, polas rúas de Lubián

O canto do “Carro Enfeitado” volvía percorrer as rúas de Lubián na tarde do 8 de setembro. Os veciños desta localidade zamorana recreaban este antergo ritual cunha longa ronda festiva polo pobo.

A comitiva estaba encabezada por un carro adornado con diversos elementos vexetais e tirado por un tractor. Xunto a el ía unha numerosa comitiva formada polos veciños, con panos vermellos ao pescozos e ataviados de xeito festivo para a ocasión, e tamén pola Charanga Nova Terra de Trives que un ano máis puxo o ritmo desta festa.

De cando en cando, o traxecto interrumpíase con algunha parada para bailar e tomar un grolo e apagar a sede. Unha vez completada a ronda, tiña lugar unha cea, seguida de baile na praza da Horta do Cura.

Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button