Entrevistas

“O CCA do Barco é dos máis dinámicos de Galicia”

Sol María Vázquez, directora xeral de Comercio
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez./ Foto: Carlos G. Hervella
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez./ Foto: Carlos G. Hervella

Para a directora xeral de Comercio, Sol María Vázquez, os Centros Comerciais Abertos (CCAs) configúranse como unha “ferramenta imprescindible para que o comercio de proximidade conte cos medios precisos para ser competitivo e ofrecer maiores e mellores servizos aos seus clientes, buscando fórmulas como a fidelización, e a dinamización que redundan na mellora do atractivo das nosas vilas e cidades”.

Ademais incide en que “durante os últimos anos, os CCAs teñen sido vitais para buscar mecanismos de incentivación do consumo, e actualmente están plenamente consolidados e contan cunha ampla traxectoria no comercio de proximidade”. Nesta entrevista analiza a realidade destas entidades, coas que o comercio local afronta a competencia das grandes superficies, e debuxa os seus retos.

No conxunto galego, ¿que lugar ocupan os CCAs existentes na provincia de Ourense?
A provincia de Ourense conta cunha gran tradición na actividade comercial que se ve reflectida no dinamismo e na profesionalidade dos seus centros comerciais abertos, que son un exemplo para o resto do territorio galego.

¿Que papel ten a hostelería dentro deles?
A propia natureza dos centros comerciais abertos determina a necesidade de que dentro deles exista a máis variada e completa oferta de servizos e produtos aos clientes. Deben atopar as mellores ofertas de compra pero tamén de ocio, de xeito que comercio e hostelería teñen que ir unidos no espazo do centro comercial aberto.

O CCA do Barco foi o primeiro en poñerse en marcha na provincia de Ourense, ¿que opinión se ten dende a Dirección Xeral de Comercio do seu labor, traxectoria e xestión?
A importancia do CCA do Barco é indiscutible, sendo un dos máis dinámicos non só da provincia de Ourense, senón de toda Galicia. A implicación dos comercios asociados, a procura de novas ideas, e a orixinalidade de moitas das accións postas en marcha constitúen un exemplo para o resto dos CCAs galegos.

Texto: Ángeles Rodríguez        Foto: Carlos G. Hervella

(A entevista íntegra pode lerse na edición en papel de xullo do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button