CulturaEducaciónÚltima hora

O centro de recepción de Aquis Querquennis, aberto na Semana Santa

Tamén estará aberta nestas datas a oficina de turismo de Celanova e ámbolos dous servizos estarán atendidos por alumnos e docentes do Obradoiro de Emprego de xestión turística e cultural “Camiño de San Rosendo”
Aquis Querquennis./ Foto: Carlos G. Hervella
Aquis Querquennis./ Foto: Carlos G. Hervella

Obradoiro de Emprego sobre xestión turística e cultural “Camiño de San Rosendo”, promovido polos Concellos de Celanova, Bande e Verea, farán prácticas de atención de visitas turísticas e recepción de visitantes durante a Semana Santa na oficina de turismo do Concello de Celanova e no Centro de recepción de visitantes do campamento romano de Aquis Querquennis (Bande), así como colaborando nas visitas que se realicen dende a Fundación Curros Enríquez.

Así do 12 ao 20 de abril, os alumnos destes catro módulos (coordinados polos docentes que dirixiron o proceso formativo en cada un deles dende o mes de novembro do ano pasado) teñen sido distribuído en grupos para atender, en horario de mañá e tarde, a demanda que poida suscitarse nestes dous puntos.

Este obradoiro de emprego vén formando nos últimos seis meses a unhas 20 persoas en catro módulos sobre xestión de producto cultural, xestión de páxinas web e redes sociais, xestión de producto turístico e atención ó visitante.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button