EconomíaEconomíaÚltima hora

O comercio local ourensán estrea campaña

“En Ourense, merca e reláxate” desenvolverase entre o 8 de setembro e o 8 de outubro
Acto de presentación da nova campaña da Federación de Comercio de Ourense.
Acto de presentación da nova campaña da Federación de Comercio de Ourense.

A Federación de Comercio de Ourense vén de poñer en marcha unha nova campaña de promoción co lema “En Ourense, merca e reláxate”. Levarase a cabo entre o 8 de setembro e o 8 de outubro, data na que terá lugar ante notario o sorteo de 10 estadías en balnearios do Grupo Caldaria entre os clientes do comercio local ourensán que consigan, cumprimenten e depositen a cartilla de participación na urna habilitada no patio da CEO.

Con esta iniciativa preténdese “favorecer e impulsar o comercio local” unindo “dous factores importantes e complementarios da provincia como son o comercio e o termalismo, facilitando a oportunidade de gozar dos nosos recursos”, segundo se indica dende a Federación de Comercio de Ourense.

Así a través desta campaña o cliente poderá entrar no sorteo de estadías en balnearios tras conseguir o selo de catro establecementos distintos en cada cartilla para que esta sexa válida, “logo deberá cubrila cos seus datos de contacto e identificación (nome completo, DNI e teléfono) e depositala na urna cerrada instalada no patio da CEO (Praza das Damas, 1 de Ourense)”, segundo a federación ourensá.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button