SanidadeÚltima hora

O director xeral de Traballo, en Previsel

Odilo Martiñá acudíu á apertura deste salón sobre saúde e seguridade laboral que celebra en Expourense

OdiloMartiñaPrevisel

Para o Goberno galego segue a ser prioridade o eido da prevención e a difusión da cultura da seguridade no traballo. Asi o sinalaba o director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, o 9 de abril na apertura da mostra Previsel,que analiza en Expourense diferentes aspectos da seguridade e saúde laboral, apostando por impulsar unha auténtica conciencia e cultura preventiva. “A crise económica non debe servir de pretexto para retroceder no camiño que xa temos avanzado”, indicaba.

Ademais Martiñá apelou á responsabilidade das empresas galegas para seguir co esforzo de investir en seguridade laboral, xa que asegurou que este labor de concienciación se está a reflectir nos datos. Segundo dixo, o total dos sinistros laborais rexistrados en Galicia descendeu en máis dun 53 por cento nos últimos 4 anos.

No ano 2013, o total de sinistros reduciuse en case un 6 por cento con respecto ao ano anterior. Neste senso, incidiu en que é preciso lembrar a baixada nos accidentes graves con máis dun 13 por cento en Galicia, sendo este descenso na provincia de Ourense do 28 por cento. Nesta provincia, os sinistros mortais tamén baixaron en máis dun 26 por cento.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button