EconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O director xeral do Igape, en Valdeorras

Javier Aguilera visitou as instalacións de Autoneum Spain na Rúa, de Pizarras Gallegas en Vilamartín e de Godeval no Barco

Co fin de coñecer o tecido produtivo do oriente ourensán, o director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Javier Aguilera, visitaba o 5 de novembro Valdeorras. Era unha visita na que estivo tamén acompañado pola secretaria xeral do Igape, Covadonga Toca, e polo subdirector de Información Especializada, Francisco Pedro López.

O programa desta viaxe incluía unha serie de visitas a empresas de diversos sectores. Así puideron ver na Rúa o labor de Autoneum Spain, SAU, do ámbito do automóbil; achegáronse despois ata Pizarras Gallegas, SA (en San Vicente, Vilamartín) e, finalmente, xa pola tarde ata Xagoaza (O Barco) para percorrer as Adegas Godeval.

Asemade os responsables do Igape mantiñan ao mediodía un encontro con representantes da xunta directiva da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) para coñecer de preto as necesidades, inquedanzas e propostas das empresas dos seus diferentes sectores produtivos.

O director xeral do Igape adiantou nesta xuntanza os tres eixos nos que se incidirá no labor de apoio ás empresas do Igape: a internacionalización, a mellora da competitividade e as estruturas de financiación axeitadas.

Pola súa banda, o presidente de AEVA, Javier Rodríguez, agradeceu a visita e expresou o seu desexo de que “sexa o xerme para desenvolver novas vías de colaboración co Igape.

Texto: Ángeles Rodríguez Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button