CulturaCulturaEducación

O IES Xermán Ancochea de Trives, segundos no Rallye Matemático sen Fronteiras

O grupo, formado por oito alumnos de 1º da ESO, estivo coordinado polo profesor Carlos Ferreiro
Diploma obtido polos alumnos triveses.
Diploma obtido polos alumnos triveses.

Os alumnos de 1º da ESO do IES Xermán Ancochea Quevedo conseguían o segundo posto na final galega do Rallye Matemático sen Fronteiras celebrado en abril na facultade de química da universidade de Santiago de Compostela.

A actividade estivo coordinada polo profesor Carlos Ferreiro García e tal como explican dende o centro “foi unha mágoa porque puderon gañar, pero a tensión da proba xogoulles unha mala pasada”. De todas formas chegar á final xa foi todo un logro deixando o pabellón ben alto.

A experiencia foi moi interesante para todos e tanto os alumnos participantes coma os profesores aproveitaron a viaxe para facer turismo por Santiago.

O grupo estivo formado por Iria Álvarez Rodríguez, Nerea Estévez Prieto, Eduardo Pulido Freitas, Selma Rodríguez Fernández, Eva Quintela Baloira, Luis Ángel Álvarez Domínguez, Alanis Martínez Álvarez e Marcos Fernández Castro.

Estes oito estudantes foron seleccionados por sorteo dos dezaseis do centro trivés que pasaron á fase provincial para ir a Santiago. Os profesores acompañantes á fase galega foron Carlos Ferreiro e Antonio Freire.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button