Galerías de fotosÚltima hora

O seleccionador nacional de ciclismo coñece o viño do Barco

Javier Mínguez visita a Cooperativa Jesús Nazareno, en plena vendima

Aproveitando a estancia en Valdeorras da selección española de ciclismo que o domingo 28, correrá en Ponferrada par facerse cunha medalla do mundial, na mañá do venres 26 de setembro o selecionador, Javier Mínguez, visitaba as instalacións da Cooperativa Jesús Nazareno do Barco, ao 100% da súa actividade pois estamos en plena campaña de vendima.

Na propia cooperativa, o presidente Manuel Fernández e o xerente, deron a acoñecer ao vallisoletano os caldos que alí se elaboran, entregándolle como agasallo, un estuche de viños da Denominación de Orixe Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button