O valdeorrés Manuel Conde, un dos premiados no certame estatal “¿Qué es un Rey para ti?”

Recollía o seu galardón nun acto celebrado no Museo Pedagóxico de Galicia
O alumno valdeorrés Manuel Conde.

O alumno valdeorrés Manuel Conde.

O valdeorrés Manuel Conde Ferraz, alumno de 6º curso del CEIP Julio Gurriarán do Barco, era un dos galardoados no concurso “¿Qué es un Rey para ti?”, que se convoca anualmente con carácter nacional e no que participan milleiros de nenos (de entre 8 e 13 anos) de colexios de toda España.

Dentro dos 40 alumnos seleccionados en representación de Galicia nesta edición, estaba este alumno barquense de 12 anos, que participou no certame cun debuxo alusivo ao tema.

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), de Santiago de Compostela, acollía en xuño o acto de entrega destes premios e alí estivo Manuel Conde acompañado pola súa profesora, Raquel Parra.

Foto cedida polo CEIP Julio Gurriarán do Barco

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies