Os folións toman o oriente ourensán

A falta de case dúas semanas para as datas fortes do Entroido, o toque do folión xa reoa con forza nas tardes e nas noites no oriente ourensán. Tamén comezan os primeiros intercambios de folións entre aldeas veciñas. É o caso do que tiña lugar a pasada fin de semana en Carracedo da Serra (A Gudiña), onde participaban os folións de Fradelo (Viana do Bolo), de Vilariño de Conso e o dos Labregos de Trives, ademais do folión do pobo anfitrión. Daban unha ronda pola localidade que remataba na praza, onde tocaron todos xuntos. Despois serviuse unha merenda para todos os participantes.

Texto: A.R. Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información sobre o Entroido, no Especial Entroido do Periódico O Sil

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies