Galerías de fotosÚltima hora

Os máis pequenos, no proxecto solidario de Tapóns de Valde

Co lema “Os nenos con Sheila” organizábase na tarde do 17 de maio un parque benéfico de xogos e inchables no Barco

Numerosos rapaces acudían na tarde do 17 de maio ao parque infantil de xogos e inchables organizado a través da Asociación Tapóns de Valde no patio do Colexio Condesa Fenosa do Barco. Karts, colchonetas e inchables con auga eran algunhas das propostas lúdicas desta iniciativa benéfica. A súa entrada era de tres euros.

Nesta actividade colaboraron con Tapóns de Valde o CEIP Condesa de Fenosa, o Concello do Barco e Val de Ocio, entre outras entidades.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button