ConcellosOurense

Ourense, sede da I Conferencia de gobernos provinciais de España

Segunda xornada da conferencia.
Segunda xornada da conferencia.
Manuel Baltar, no acto inaugural da conferencia.
Manuel Baltar, no acto inaugural da conferencia.
Foto dos participantes na conferencia.
Foto dos participantes na conferencia.

Do 21 ao 23 de marzo a cidade de Ourense acollerá a I Conferencia de presidentes de gobernos provinciais de España. O encontro, pronovido pola Deputación ourensá e pola Fundación Democracia e Goberno Local, inaugurábase na tarde do día 21 no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense coa presenza de preto de 30 responsables de gobernos provinciais

Na xornada inaugural, o presidente anfitrión, Manuel Baltar, destacou “a necesidade de reformar o funcionamento e competencias das administracións públicas e os proxectos lexislativos, así como de mellorar o coñecemento que ten a cidadanía da realidade dos gobernos provinciais”. Ademais o presidente da Deputación de Ourense resaltou que o obxectivo desta conferencia “é facer oír a voz das deputacións dun modo o máis unitario posible sobre propostas nas que predomine o consenso. Unha oportunidade para transmitir á cidadanía catro mensaxes claros sobre os que cimentar o futuro: modernidade, eficacia, transparencia e achegamento”.

De seguido estaba prevista unha conferencia maxistral a cargo de Santiago Muñoz Machado, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade Complutense e membro da Real Academia Española.

O programa proseguirá o sábado día 22 a partir das dez da mañá con sesións de traballo e presentacións de relatorios no Hotel Balneario Laias Caldaria de Cenlle e o encontro clausurase na mañá do 23 de marzo cun acto no Teatro Principal de Ourense.

Texto: O Sil/Redacción

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button