ConcellosÚltima hora

París de Noia, nas festas de verán da Rúa

O programa ábrese mañá 7 de agosto, co encontro de “pinchadiscos”
A Rúa en festas. /Foto: Carlos G. Hervella
A Rúa en festas. /Foto: Carlos G. Hervella

A feira do ano en Fontei, con pasarrúas a cargo da Banda de Música de Noia, abrirá mañá o programa das festas de verán na Rúa, que se estenderán ata o luns 11 de agosto, festivo local.

A noite do 7 de agosto estará marcada por un novo encontro de “pinchadiscos” na rúa Doutor Vila e ao día seguinte, venres 8 de agosto, haberá unha triple cita musical na praza da Estación: Los Broders, Fanfarria Takicardia e Skarnivals.

O sábado 9 de agosto, o baile correrá a cargo da orquestra Marbella que tocará en sesión de tarde e verbena, mentres que o domingo día 10 será a orquestra da Televisión a que amenice musicalmente a xornada. O prato forte chegará o luns 11 de agosto co espectáculo de París de Noia.

Xunto ao apartado musical, a programación complétase cos torneos de tenis, pádel e golf rústico, e actividades para os máis pequenos, no vello campo de fútbol do Aguillón o domingo, e nas piscinas municipais o luns.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button