ConcellosSen categorizar

Plan piloto da Deputación para o mantemento de estradas municipais en Terras de Trives

Levarase a cabo no 2015 e busca mellorar estas vías de comunicación

A Deputación de Ourense desenvolverá no 2015 en Terra de Trives un plan piloto de conservación e mantemento da rede de estradas de titularidade provincial e municipal co obxectivo de contribuír cos concellos á mellora destas vías de comunicación. Así o anunciaba o seu presidente, Manuel Baltar, tras reunirse nas instalacións da Estación de Montaña Nova Oca Manzaneda cos representantes dos catro concellos que conforman esta comarca do oriente ourensán: Manzaneda, Trives, San Xoán de Río e Chandrexa de Queixa.

Esta actuación en infraestruturas viarias “levarase a cabo en 2015 nunha comarca que consideramos estratéxica para o desenvolvemento dun sector tan importante como é o turismo, un sentir que compartimos dende a Deputación cos alcaldes da comarca que así no lo transmitiron”, indicaba Manuel Baltar, que durante a reunión estivo acompañado por técnicos do Servizo de Vías e obras da Deputación de Ourense. Ademais anunciou melloras na OU-0703, a principal estada de acceso a Cabeza de Manzaneda dende Trives.

De seguido, o presidente da Deputación percorreu as instalacións da estación de montaña acompañado polos alcaldes e polo responsable da xestión do complexo, Arturo Rodríguez, e pola directora da estación Mónica Rodríguez.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button