Deportes

Ponte e Cidade, rivais deportivos

Na 1ª División de fútbol sala feminino

CiudadedasBurgasPonteOurensexogada

Con idénticos resultados pero diferente xogo. Así comezaban a liga os dous equipos ourensáns en 1ª División de fútbol sala feminino: Ponte Ourense SAD e Cidade das Burgas.

O primeiro, arrancaba a campaña 2013/2014 cunha importante vitoria en casa ante o Roldán por 4 goles a 3, para caer derrotado unha semana máis tarde no pavillón do Poio Pescamar FSF por 3 goles a 1, no primeiro derbi galego da competición.

Trala derrota, o técnico Jorge Vaz non dubidaba en confirmar que “o equipo realizou unha mala primeira parte” quedándose “coa actitude do equipo na segunda, onde tivemos moitas ocasións de gol e loitamos por sacar adiante o partido a pesares de que non o conseguimos”.

Con estes resultados o Ponte Ourense remataba o mes de setembro no 11º posto con 3 puntos.

Texto: O Sil/Redacción Ourense Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button