ConcellosÚltima hora

Por Santa Mariña, no barrio de Xeadre

As festas desta zona de Rubiá inclúen unha sardiñada popular prevista para o 19 de xullo
Procesión no Xeadre (Rubiá)./ Foto: Carlos G. Hervella.
Procesión no Xeadre (Rubiá)./ Foto: Carlos G. Hervella.

A música máis actual e movida, da man da discoteca móbil A Boa Festa, marcará o comezo da celebración de Santa Mariña no pobo de Rubiá. En concreto será o barrio de Xeadre o que acolla os festexos na honra a esta santa, patrona do municipio valdeorrés, os días 18, 19 e 20 de xullo.

Co son da discoteca aínda resoando polo pobo, chegará o segundo día de festas, o sábado 19 de xullo, centrado na sardiñada popular que cada ano xunta a boa parte do pobo en torno á mesa. A cea comezará en torno ás 21h. e o menú será moi variado, con chourizos, rosquillas, biscoitos e por suposto sardiñas “a ver se as conseguimos porque cada vez son máis caras” explica María dende a comisión de festas, formada por un grupo de mulleres do pobo que recuperaba esta festa hai xa anos. O apartado musical do sábado correrá de novo a cargo da discoteca móbil A Boa Festa que fará bailar aos asistentes ata altas horas da madrugada.

Ao ritmo dos sons máis quentes do verán chegará o día grande das Festas de Santa Mariña en Xeadre, o domingo 20 de xullo. Despois da novena na horna á santa que se celebrará tódolos días do 11 ao 19 de xullo ás 20:30h, o domingo ás 12h. comezará a procesión coa imaxe relixiosa por todo o barrio,

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button