Categoría A: 0-11 anos
1º Premio: Amparo Laura Rodríguez
A Muller
A muller todo un símbolo nas nosas vidas. Poderían ser moitos os calificativos mais nunca os suficientes pra definila.
Falar da muller e non esquecerse de o que ocurre noutros países, donde as mulleres son seres reprimidos, marxinados, cuestionados e castigados. Lapidados incluso ata a morte polo único feito de pensar e non facelo como o sistema lles impón.
Nacen para arrastrar cruces ancestrales como o sometimento ou a humillación a mans incluso dos seus propios familiares.
Leis sen lei, desacabezadas sen xeito condenadas a loitar as veces con moitas bagoas, bagoas que ao largo dos anos fan o camiño, como o peregrin camiño de loita.
Este camiño levounos a desempeñar papeis relevantes e importantes sin embargo a moeda de cambio segue a ser desproporcionada, seguimos a ser en moitos casos coma a sombra de aqueles que non permiten que as mulleres sexan mulleres visibles. Non por iso deixamos de herir a retina de aqueles que non queren admitir o noso empeño e valia.
Demostramolo sendo mariscadoras, médicos, inxeneiros, políticos e o mesmo tempo nais, compañeiras e amigas. Son moitas, demasiadas as veces nas que a muller nesta sociedade actual sae perdendo e levase a peor parte.
Sobrevivir nun entorno machista ignoradas, maltratadas, onde a violencia de xénero suma día a día vítimas mortais das mulleres a mans desa lacra social, deixando ao seu paso a un regueiro de violencia e soledade.
Aínda queda moito por facer loitar por mellorar e erradicar estes danos que hoxe en día estamos a sufrir.
Tamén quedan pendentes temas como o aborto libre ou a trata de brancas ou as violacións.
Pola miña condición de muller penso que ogalla chegue un día no que a igualdade non sexa o rasero de forzas ou poderes senon o de comprensión, valor e bondade.
2º Premio: Irea Prada Alonso
O Feiticeiro
Se me das un lápis e unha folla,
convertireinos nunha espada
e nun escudo
pra pelexar nas loitas do mais aló.
Se me das unha boneca
convertireina na muller
máis fermosa desta terra galega.
Se ela me entrega o seu amor,
eu entregareille o meu,
e casaremos felices
coma dúas perdices.
Son estes os soños
dun feiticeiro namorado
dunha muller que non da atopado.
3º Premio: María Álvarez Delgado
A Muller Rural
Mulleres Rurais,
mulleres traballadoras,
mulleres xeniais.
¡Non fan máis que traballar!
No campo a sachar,
no monte a rozar,
na viña a vendimar
e na casa a limpar.
Lavar e pranchar
e tamén cultivar,
sen parar de coidar
da familia e do fogar.
Das romerías e vervenas
disfrutan moito elas.
Mulleres sen penas
acueden a elas.
Esposa e nai,
amiga e veciña.
Fan no pobo
unha gran familia.
Mulleres Rurais,
mulleres traballadoras,
mulleres xeniais.
Que faríamos sen elas!