EconomíaEconomíaSen categorizar

Premios do IV Concurso Cociña con Castañas

O certame organízao a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia
Receita doce ganadora.
Receita doce ganadora.
Receitas na final.
Receitas na final.
O chef Chechu Rey cos finalistas.
O chef Chechu Rey cos finalistas.
Alumnos do CPR Agarimo de Arteixo, co seu accésit.
Alumnos do CPR Agarimo de Arteixo, co seu accésit.

A alta calidade marcaba a final do IV Concurso Castaña de Galicia, que se celebraba na tarde do 10 de abril na Aula de Cociña Porto-Muíños de Cambre (A Coruña). Por iso, non resultou nada doado para o xurado escoller aos vencedores deste certame, organizado pola IXP Castaña de Galicia. Finalmente, tomábase a decisión e nas receitas salgadas o gañador era José Carlos Fariña Pouso por “Cucuruchos de Castaña de Galicia e toffee de mel con xeado de pementa de Xamaica”, sendo finalista José Luis Adán con “Castañar”.

No apartardo de receitas salgadas vencía Alejandro Iglesias Armada con “Suprema de bacallau con serrín de Castaña de Galicia e grelo”, mentres Carlos J. González quedaba finalista con “Taco de boi de Lemos glaseado de Castaña de Galicia e mazá do país”. As receitas finalistas poden consultarse ou descargarse na web www.castanadegalicia.org.

Entregouse asemade unha mención especial a tres rapaces do CPR Agarimo de Arteixo: Antonio Nieto, Enrique García e David Martínez.
Durante a final sorteáronse lotes de produtos galegos de calidade entre os asistentes e houbo elaboración e degustación de catro pratos con castaña galega a cargo do chef Chechu Rey.

Fotos cedidas: pola IXP Castaña de Galicia

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button