SanidadeSen categorizar

Premios, no Día Nacional do Doador

A entrega de galardóns a escolares foi presidida polos conselleiros de Sanidade e Cultura
Os premiados cos conselleiros de Sanidade e Educación.
Os premiados cos conselleiros de Sanidade e Educación.

Coincidindo coa celebración do Día Nacional do Doador, a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o ourensán Xesús Vázquez Abad, presidían o 4 de xuño o acto de entrega de premios do IV Concurso de Debuxo e Lemas para Escolares relacionado coa doazón e os transplantes.

“Un dos obxectivos primordiais na concienciación da doazón e o transplante de órganos é o deseño de intervencións educativas dirixidas a dotar de coñecementos e mellorar a opinión sobre este tema entre os máis novos. Mozos e mozas que se atopan nunha idade moi receptiva, na que poden tomar unha decisión propia ao respecto e que, ademais, van ser transmisores informados no seu ámbito de influencia social”, aseguraba a titular de Sanidade.

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, indicaba que o seu departamento ten o convencemento “de que é necesario dotar aos máis novos de ferramentas para interiorizar a importancia crucial da doazón. Grazas a campañas de concienciación da Oficina de Coordinación de Transplantes e á xenerosidade dos doadores, España e Galicia seguen a encabezar as estatísticas de Europa nesta materia”.

Este ano o Día Nacional do Doador está dedicado á doazón de córnea, tecido do que nos últimos cinco anos se realizaron en Galicia máis de 740 transplantes.

Relación de galardoados no IV Concurso de Debuxo e Lemas para Escolares relacionado coa doazón e os transplantes:

Quinto e sexto de Educación Primaria

Primeiro premio:
Lema: Regala, doa vida.
Nome da alumna gañadora: Carla Villaverde Núñez.
Nome da profesora: Dolores Iglesias Miguens.
Nome do centro: CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis).

Segundo premio:
Lema: Comparte de ti, comparte de min.
Nome do alumno gañador: Iván Viñas Lafuente.
Nome do profesor: José Rubén Mariño Rozados.
Nome do centro: CEIP Agra do Muiño (Ames).

Primeiro e segundo de Educación Secundaria

Primeiro premio:
Lema: A túa chama pode prender moitas vidas, doa.
Nome da alumna gañadora: Paula Domínguez Álvarez.
Nome da profesora: Almudena Lacomba Maruri.
Nome do centro: IES Carlos Casares (Vigo).

Segundo premio:
Lema: Se vas a doar a moitas persoas vas a axudar.
Nome da alumna gañadora: Erika Portas Fernández.
Nome da profesora: Debora Yáñez Cid.
Nome do centro: IES Salvaterra de Miño.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button