CulturaCulturaSen categorizar

Presentación do documental “Mujer(es)Mujer” o 2 de maio na Rúa

O Centro Cultural Avenida acollerá ás 20h. a proxección do filme producido por SocialDocs

Presentaci—n de PowerPoint

O papel das mulleres na sociedade, os obstáculos que encontran e os esforzos que realizan para definir a súa propia identidade, día a día. Ese é o tema sobre o que xira “Mujer(es)Mujer” o filme documental dirixido por Inés Pintal e producido por SocialDocs coa colaboración do Instituto da Muller poderá verse o venres 2 de maio na Rúa.

No documental, ao longo de 80 minutos, tres xeracións de mulleres, tres mundos, tres vidas coas súas coincidencias e discrepancias, permiten ao espectador sumergirxe na realidade multiforme e cambiante do que significa ser muller.

O proxecto verá a luz despois de casi dous anos de traballo e a participación dunha vintena de profesionais, entre eles diversas escritoras, como Yolanda Castaño, Olga Novo, Marilar Aleixandre, Chus Pato, Carmen Blanco e María Reimondez.
Á proxección, que terá lugar no Centro Cultural Avenida ás 20h. asistirá parte do equipo técnico para explicar detalles da súa produción.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button