CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Preséntase o estudo “Mocidade on line”

A presentación deste traballo, que evalúa os hábitos tecnolóxicos dos adolescentes, tiña lugar na sede do Valedor do Pobo en Santiago

O Valedor do Pobo, o valdeorrés José Julio Fermández, intervindo na presentación do estudo "Mocidade online".
O Valedor do Pobo, o valdeorrés José Julio Fermández, intervindo na presentación do estudo “Mocidade online”.

Afondar nos programas de prevención de riscos no uso das novas tecnoloxías por parte dos xoves. Este era o principal obxectivo de “Mocidade on line”, un estudo sobre os hábitos tecnolóxicos dos rapaces e rapazas de secundaria, que se vén de realizar a raíz da colaboración entre a Consellería de Cultura e Educación, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o Valedor do Pobo e a Universidade de Santiago. Nesta investigación participaron un total de 255 centros de ensino de toda Galicia e máis de 44.000 estudantes de entre 12 de 17 anos.

Os resultados desta investigación presentábanse o 3 de setembro en Santiago e amosan, entre outras cuestións, que máis do 71 por cento dos alumnos da ESO empregan internet a diario e que o 93 por cento dos mesmos está rexistrado nalgunha rede social, ou que un de cada tres adolescentes dispoñan do seu primeiro móbil antes dos 11 anos. “Son datos suficientemente importantes para invitarnos a reflexionar e comprometernos todos, administracións, educadores e familias”, aseguraba o conselleiro de conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, durante o acto, celebrado na sede do Valedor do Pobo. Ademais do conselleiro de Cultura, á presentación tamén asistían a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o Valedor do Pobo en funcións, o valdeorrés José Julio Fernández Rodríguez.

Asemade, aínda que case o 82% dos xóvenes presentan un baixo risco de dependencia, Xesús Vázquez Abad, fixo fincapé nos usos perigosos e problemáticos que os rapaces fan da tecnoloxía. De feito no estudo constátase, entre outros, que o 31,4 por cento dos contactaron con descoñecidos a través da internet e o 8,9 por cento sentíronse algunha vez ameazados ou humillados a través das redes sociais, mentres que nun 6,8 por cento de casos foron eles os que ameazaron a outros.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button