DeportesÚltima hora

Proba de alto nivel e festa no río

Jesús Rodríguez remará o 13 de setembro para facerse co seu decimosegundo título en K-1 no 48º Descenso do Sil
Jesús Rodríguez, desputando o descenso do Sil no 2013 en K-2./ Foto: Carlos G. Hervella.
Jesús Rodríguez, desputando o descenso do Sil no 2013 en K-2./ Foto: Carlos G. Hervella.

O 48 Descenso Internacional do Sil “Memorial Julian Trincado” será a derradeira cita dun calendario galego de ríos e travesías que nesta tempada incluía once regatas, entre elas os descensos do Miño de Lugo e Ourense e xa o pasado 31 de agosto, o do Eume. Será polo tanto no Barco, onde se decidirán os campións desta modalidade en Galicia.

Espérase unha ampla participación de piragüistas (na pasada edición batíase o récord de inscrición), non só galegos, senón tamén procedentes doutras zonas de España, que dé seguro amosarán a calidade e o bo nivel do que goza actualmente este deporte. Entre eles estará unha nutrida representación do Club Fluvial O Barco, que tentará cubrir boa parte das categorías. En conxunto estímase que participarán uns 20 padexeiros valdeorreses que loitarán por sumar o maior número de puntos posibles de cara a lograr que o club poda estar no podio, como sucedía na pasada edición. Un deles será Jesús Rodríguez que loitará por unha nova vitoria en K-1 senior.

Será a partires das seis da tarde do vindeiro 13 de setembro cando se decidirá a proba. Nese intre comezarán a darse as saídas dende Sobradelo, sendo especialmente sorprendentes as das categorías de K-1 e K-2 senior, que acostuman ter un maior número de inscritos. Dende alí loitarán por cubrir no menor tempo posible os case sete quilómetros ata O Barco.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Especial Cristo de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button