ConcellosÚltima hora

Programa integrado para o emprego “Ribeira do Miño”

Proxecto conxunto dos concellos ourensáns de Castrelo de Miño, Cenlle e Toén
Acto de presentación do programa.
Acto de presentación do programa.

Froito do diálogo, da implicación, e da ilusión compartida de tres concellos que apostan por deseñar unha estratexia conxunta para dar resposta a unha problemática común, implementando no seu territorio un proxecto integral que posibilite a mellora da empregabilidade dos seus veciños, nacía o programa integrado para o emprego “Ribeiro do Miño” dos concellos de Castrelo de Miño, Cenlle e Toén.

O proxecto era presentado na mañá do 16 de xullo, polos respresentantes dos concellos implicados quenes explicaron que “está dirixido a explorar novas alternativas de inserción laboral con aqueles colectivos que se atopan con especiais dificultades para o acceso ao emprego” co desenvolvemento de “actuacións de información, orientación e asesoramento, formación, prácticas laborais, prospección de empresas e intermediación laboral” co obxectivo de mellorar a cualificación profesional das persoas participantes, e impulsar a súa inserción laboral por conta allea ou mediante o autoemprego.

Dado que a actividade económica principal destes concellos está relacionada coe elaboración de viños da Denominación de Orixe Ribeiro, ou con traballos no sector agrario, este programa vai encamiñado a “preparar ás persoas participantes de cara á profesionalización dos traballos auxiliares ao cultivo e elaboración de viños en particular, e dos traballos agrícolas e forestais en xeral”.

As persoas beneficiarias (ata un máximo de 60) serás aquelas en risco de exclusión social, desempregados de longa duración, mulleres, menores de 30 anos, mulleres vítimas de violencia doméstica, persoas desempregadas como consecuencia dun ERE, discapacitados, e inmigrantes. A oficina de emprego de referencia será a de Ribadavia.

O programa ten unha duración de 12 meses, do 1 de xullo de 2014 ao 30 de xuño de 2015, e as accións formativas previstas son: Tres cursos de capacitación laboral (operario agrícola; peón forestal; e auxiliar de xardinería), de 150 horas con 20 prazas cada un; e obradoiros de formación complementaria: en competencias clave,…; habilidades socias; elaboración de currículo, entrevista de traballo, etc; busca activa de emprego; e novas tecnoloxías e manexo básico de Internet.
Ademais ofrécense prácticas laborais de cando menos 120 horas en empresas do sector; información, orientación e asesoramento; acompañamento na prospección laboral; captación de ofertas; intermediación laboral; e apoio para o autoemprego.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button