ConcellosÚltima hora

Programación cultural no concello de Ribas de Sil

Teatro, música e contacontos, as fins de semana de xullo na praia fluvial de San Clodio
Actuación no anfiteatro da praia fluvial de Ribas de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella
Actuación no anfiteatro da praia fluvial de Ribas de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella

O mes de xullo preséntase moi activo na capitalidade de Ribas de Sil (Lugo) que acollerá un completo programa de actividades lúdicas e culturais que terán como escenario o antiteatro da praia fluvial de San Clodio.

A primeira cita será o vindeiro sábado día 5 coa actuación do cantautor David Prado a partires das 22:30h. Ao día seguinte Hermanager Producións presentará o espectáculo: “Kiricreques” a partires das 20h.

A seguinte fin de semana haberá outras dúas actividades: teatro da man do grupo da A.V. de Salcedo que porán en escea as obras “Borracheira á morte” e “Non Casei con todas” o sábado 12 ás 22h; e contacontos para os nenos da man de Tusitala co espectáculo “Xogando Con Globos” o domingo 13 ás 20h.

O sábado 19 de xullo, Hermanager Producións achegará ata San Clodio o espectáculo de maxia “O Mago Carlos” a partires das 22h; e o domingo 20 haberá un novo contacontos de Tusitala titulado “Rastreo Pirata” ás 20h.

E xa para a última fin de semana do mes, o Concello de Ribas de Sil programa outras tres actividades: o concerto “Os sons do vento que pasa” de Elefante Elegante o venres 25 ás 20h; o espectáculo humorístico “Á dereita do pai” o sábado 26 ás 22h; e os monicreques “Sabela e o páxaro máxico” o domingo día 27 ás 20h.

Asemade, o vindeiro día 4 de xullo darán comezo os obradoiros de lecer e tempo libre que ano tras ano vén organizando o Concello de Ribas de Sil.

As actividades que se organizarán serán entre outras: saídas a praia fluvial, manualidades, xogos de mesa, saídas socioculturais, actividades deportivas… que estarán dirixidas a nenos de entre 3 e 16 anos.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button