ConcellosGalerías de fotosOurenseÚltima hora

Queima das Madamitas no San Lázaro en Ourense

A cidade de Ourense festexaba o domingo 6 de abril o San Lázaro. Numerosas persoas percorrían xa pola mañá os postos (que estiveron instalados durante a fin de semana) nas próximidades do Parque de San Lázaro para mercar, entre outros produtos, as tradicionais rosquiñas. Tras a procesión coa imaxe do santo, tiña lugar ás once a misa na Igrexa de Santo Domingo. De seguido, un grupo de cabezudos e os gaiteiros Gomes Mouro animaban as rúas. Xa ás 12.30 h actuaba a Banda Municipal no propio Parque de San Lázaro, mentres o público se ía preparando para un dos momentos máis esperados da xornada: a queima das Madamitas.

Un ano máis, a Pirotecnia Josman sorprendía cun espectáculo que facía as delicias de nenos e maiores. Ata tal punto que os máis pequenos comentaban, tras a queima cal era a madamita, que máis lle gustara.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button