ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Quiroga celebra o Día Internacional da Muller

Os actos foron promovidos polo Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga

Cun completo e variado programa de actos o concello lucense de Quiroga vén de celebrar o Día Internacional da Muller. Encetábase na tarde do 7 de marzo con actividades no CEIP quirogués e continuaban xa na xornada do 8 de marzo no Concello, cunha recepción ao mediodía das persoas participantes no obradoiro e posterior representación teatral “Avós nunca é tarde”. Cada unha delas recibía un agasallo e un diploma pola súa colaboración neste proxecto.

De seguido, tamén na Casa do Concello, tiña lugar a presentación do III Plan de Igualdade de Mulleres e Homes do Concello de Quiroga, cunha vixencia para a a súa aplicación do 2013 ao 2017. O acto corría a cargo da concelleira de Educación, Benestar e Igualdade, Ana Núñez García; e da concelleira de Cultura, Mª Dolores Sánchez Durán.

Xa pola noite, ás nove, rendíaselle unha homenaxe ás mulleres quirogueses coa “1ª Cea de Confraternización de Mulleres”, na “Adega da María”, restaurnate da vila.

Fotos: cedidas polo Concello de Quiroga

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button