EconomíaEconomíaÚltima hora

Remata o ERE na Estación de Manzaneda

As boas previsións que manexa a empresa para o verán adiantan a finalización deste expediente
Vista das instalacións da Estación de Montaña durante unha actividade deportiva.
Vista das instalacións da Estación de Montaña durante unha actividade deportiva.

Na mañá do 5 de xuño a empresa Oca Nova Manzaneda anunciaba a decisión de presentar ante a Consellería de Traballo a suspensión definitiva da situación do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) na estación de montaña “á luz da previsión de traballo para os próximos meses, o que garantizará a continuidade dos postos de traballo actuais”.

Deste xeito ponse fin a unha fase que comezaba o 8 de agosto do 2013, data na que debido á situación pola que atravesaba a empresa, se decidía presentar un ERE que afectaba á totalidade dos traballadores de M.E.I.S.A.. Este ERE tiña prevista como data de fin o próximo día 1 de agosto.

Dende Oca Nova Manzaneda incidídese en que “esta grata noticia” de poñer xa fin ao ERE “vén precedida polas boas perspectivas de reservas que ten a Estación, tanto nos seus programas de primavera con escolares, dos que á data de hoxe xa desfrutaron máis de dous mil trescentos escolares de toda Galicia, como a previsión nas campañas de verán: Campus deportivos, ofertas a familias e a novidade deste ano: The Village, que convertirá ás renovadas instalacións” da única estación de montaña de Galicia “no único pobo de fala inglesa de toda a comunidade galega”.

Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button