ConcellosÚltima hora

Rematan en Rubiá as obras do sistema de abastecemento e saneamento

O delegado da Xunta e o alcalde de Rubiá supervisaban o 19 de xuño a fin dos traballos
O alcalde de Rubiá, co delegado da Xunta./ Foto: Carlos G. Hervella
O alcalde de Rubiá, co delegado da Xunta./ Foto: Carlos G. Hervella

As obras de mellora do sistema de abastecemento e saneamento que se estaban no núcleo urbano do concello ourensán de Rubiá veñen de finalizar. Os traballos executáronse nas rúas Baicela, O Vieiro e Currás, tres localizacións nas que as redes de abastecemento e saneamento se atopaban en mal estado de conservación e servizo e presentaban frecuentes fallos no abastecemento e atascos no saneamento. “Co obxectivo de incrementar a eficiencia de ámbolos dous servizos”, segundo indican dende a Xunta, “renováronse as súas redes con tubarias de PVC e procedeuse á reposición dos firmes das rúas afectadas por esta actuación”.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez Núñez, visitaban na mañá do 19 de xuño a zona e supervisaban o remate desta actuación hidráulica, na que se investiron 113.332 euros.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button