Ourense

Respecto ao Apóstolo

A parroquia de Santiago das Caldas celebrará a procesión o 25 de xullo ás 12h.
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

O 25 de xullo celébrase a festividade de Santiago Apóstolo en toda Galicia, por algo está considerado como o patrón da comunidade, pero hai pobos e cidades no que esta festa ten un carácter especial. É o caso, por exemplo, de Santiago de Compostela e tamén de Ourense que conta cunha igrexa adicada ao Apóstolo: a parroquia de Santiago das Caldas, en plena avenida de nome homónimo, no barrio da Ponte.

Tal como explican dende a propia parroquia as orixes do templo “pérdense na historia como parte do Couto de San Miguel de Canedo situada nas ribeiras do Miño, preto da burga xunto ao actual cemiterio”.

Segundo os datos feitos públicos pola parroquia, na primeira decena de maio de 1905, D. Eustaquio Illundain e Esteban chamou a D. Xosé María Basterra, arquitecto oriundo de Bilbao, para reformar o entón seminario diocesano de San Fernando. Posteriormente, tras unha visita pastoral na que comprobou o mal estado do antigo templo parroquial, encomendou ao citado arquitecto o proxecto da nova igrexa.

O 30 de uullo de 1910 colócase a primeira pedra da mesma, un edificio de grandes dimensións. 16,5 metros de alto, 9 metros de ancho e 36 metros de longo para a nave central; e 8,5 metros de alto, 5,2 metros de ancho e 24 metros de longo. Os contratistas foron D. Manuel García e máis tarde D. Xosé Pintos.
A acta definitiva de construción asinouse en Ourense o 2 de xaneiro de 1915 e o templo inaugurouse cinco anos despois, o 28 de novembro de 1920, agás a torre de 50 metros, aínda sen construír. Ao longo da súa historia sufriu diversas reparacións e modificacións. A última, en outubro de 2010 cando se renovan as portas de entrada polo estrago das anteriores e realízanse obras de saneamento cunha drenaxe á parte posterior, seguido da renovación da madeira do chan do presbiterio estragada polas humidades.

Texto: Mónica G. Bellver
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button