Sanidade

Reunión nacional de antropoloxía forense en Verín

Ponencias e comunicacións

 

A aportación da antropoloxía forense na identificación de vítimas da guerra e de crimes de gran repercusión ou os últimos avances nos coñecementos e novas técnicas aplicadas a esta ciencia médica son algúns dos temas que se abordaron no decurso da V Reunión da Asociación Española de Antropoloxía e Odontoloxía Forense (AEAOF), celebrada en Verín o 27 e 28 de xuño.
O encontro foi organizado por Fernando Serrulla, responsable da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (con sede no hospital de Verín) e nel incluíronse ponencias, pósters científicos e 23 comunicacións orais de diversas temáticas.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button