EconomíaEconomíaÚltima hora

Reunión sobre a “avespa asasina” en Santiago

A directora xeral de Produción Agropecuaria abordaba este tema o 14 de agosto con representantes da Asociación Galega de Apicultores
A directora xeral de Produción Agropecuaria cos representantes de AGA.
A directora xeral de Produción Agropecuaria cos representantes de AGA.

As medidas que se están desenvolvendo en Galicia fronte a vespa velutina ou asiática e os resultados que se están a obter poñíanse sobre a mesa no encontro que a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, mantiña na mañá do 14 de agosto con responsables da Asociación Galega de Apicultores (AGA) en Santiago.

A directora xeral explicáballes que o protocolo se está a desenvolver con éxito e lanzaba unha mensaxe de tranquilidade á opinión pública, sinalando que esta especie, tamén coñecida como avespa asasina, non ten efectos nocivos para a saúde pública, máis aló dos que teñen as avespas comúns.

Sen embargo, Patricia Ulloa matiza que a velutina afecta ás avespas autóctonas e ao medio ambiente polos grandes niños que constrúe. Aínda así indicou que “a día de hoxe a Consellería do Medio Rural e do Mar non ten constancia de que ningún apicultor galego tivese perdas nas súas colmeas como consecuencia da vespa velutina“. Neste senso, o obxectivo do protocolo de actuación é evitar que esta especie, catalogada na relación existente de especies invasoras e que procede de Asia, afecte as avespas autóctonas.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button