ConcellosGalerías de fotos

Romaría de S. Bieito en Santa Cristina de Ribas de Sil

Á parte da misa celebrada na igrexa do mosteiro, a festa incluíu a puxa do galo

Na mañá do domingo 13 de xullo, a igrexa do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, no concello ourensán de Parada de Sil, acollía un ano máis a misa na honra a San Bieto, despois da procesión coa imaxe do santo ao redor do templo benedictino.

Trala eucaristía e seguindo a tradición, no exterior do mosteiro tiña lugar a puxa que se fai cada ano cos produtos que a xente leva, especialmente galos. Tal como ten explicado nalgunha ocasión o alcade de Parada de Sil, Francisco Magide, trátase dun acto espontáneo por parte dos asistentes á romaría de San Bieito.

A festa continuaría pola tarde no pobo de Castro, con baile a cargo dunha charanga.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button