ConcellosÚltima hora

Seguindo a figura da Virxe na Rúa

A procesión das antorchas na horna a Nosa Sra. de Fátima será o 9 de maio ás 22:30h.
Procesión.
Procesión.

O 10 de maio de 1948, a imaxe da Virxe de Fátima procedente de Portugal tocaba Valdeorras por primeira vez. Tralas bendicións oportunas foi trasladada ata Freixido onde estivo ata o 13 de maio dese mesmo ano, data na que foi levada ata a igrexa parroquial de Fontei na Rúa, nomeada como igrexa de Nosa Señora de Fátima na súa honra. Dende ese momento os fegreses rezan con gran devoción á santa, converténdose xunto a San Antonio, cuxa festividade se celebra xusto un mes despois, na patroa de toda a parroquia.

Os actos desta celebración comezan coa novena, e no caso do día 9, a novena da tarde celebrarase xusto despois da procesión das antorchas cando A Rúa enteira vivirá un dos momentos máis fermosos, emotivos e multitudinarios da festividade de Nosa Señora de Fátima. A partires das 22:30h, tal como veñen facendo ano tras ano, os párrocos de Fontei e de Santo Estevo dirixirán aos fegreses que, coas veas e cirios na man como herdanza da tradición vencellada aos focos marianos de Fátima ou Lourdes, acompañarán á imaxe iluminada e colocada sobre un manto de flores, polas rúas da vila.

Cada ano son centos os fieis que non queren perder a ocasión de rezarlle a Fátima pedíndolle por algún parente, amigo ou por eles mesmos.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(A información íntegra pode lerse na edición en papel do Periódico O Sil do mes de maio).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button