DeportesÚltima hora

Táboas no campo de fútbol do Aguillón

Empate a uns no C.D. Rúa-S.D. Valenzá de primeira autonómica
Xogada do C.D. Rúa-S.D. Valenzá, no campo do Aguillón.
Xogada do C.D. Rúa-S.D. Valenzá, no campo do Aguillón.
Plantel da S.D. Valenzá.
Plantel da S.D. Valenzá.

En táboas e con reparto de puntos. Así remataba o encontro da 5ª xornada de liga en primeira autonómica, que enfrontaba aos conxuntos da Rúa e da Valenzá, no sintético do Aguillón (A Rúa).

Os locais, saltaban ao campo ás 17h. do domingo 5 de outubro, coa necesidade de sumar para afastarse do fondo táboa no que se atopan, pero os visitantes no llo puxeron doado e tralos 90 minutos de rigor, o árbitro pitaba o final do encontro co empate a uns no marcador.

Un reparto de puntos que manteñen ao C.D. Rúa como faroliño vermello da clasificación mentres que A Valenzá sitúase no posto 13ª.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button