Monográfico Moda veránMonográficos

Un desfile solidario

Torpeza ou pérdida de coordinación. Ese é o significado de “ataxia” un síntoma que padecen Sonia e Patricia, as dúas nenas que se converteron nas protagonistas da gala benéfica celebrada en O Carballiño pola Asociación Solidarios toda la Vida en favor da AECC , FEDAES e AEFAT
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

O Carballiño acolle unha gala benéfica con desfile de moda, música e humor, co fin de recadar fondos para a Federación Española de Ataxias, a Asociación Aspañola Familia Ataxia-Telangiectaxia e a Asociación Española Contra o Cancro

A súa artífice María José Puga, conseguía xuntar na discoteca Isis Pharia a máis de 600 persoas que non quixeron perder a oportunidade de colaborar con tan fermosa causa: a solidaridade coa xente que padece, moi especialmente estas dúas cativas que seguiron a gala dende o público.
Tal como ela mesma asegurou, María José Puga sabe o que é “loitar contra unha enfermidade que che impide facer unha vida normal pero que tamén te ensina a loitar por aquelo que queres aínda que ás veces te derrumbes”.

Por esa empatía coa xente que sufre, Puga decidía embarcarse na aventura de organizar unha gala na que a solidaridade quedou patente. Conseguíu xuntar no mesmo escenario xente do mundo da canción, da televisón, da moda e do baile, que non dubidou en botar unha man pola causa e facer pasar un bo rato aos asistentes.

Os encargados de conducir a gala foron os actores galegos Rubén Riós (Libro de Familia, Pradolongo, Vilamor) e María Mera (Matalobos) que en clave de humor, foron presentando a cada un dos convidados. O apartado musical correu a cargo de Tamara (Cantareiros de Luar) e Maret (presentadora do mesmo programa) e o baile, do Gimnasio 2000 de Ourense que fixo unha fusión de danza oriental.

Texto: Mónica G. Bellver/ Ourense Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Especial Moda O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button