ConcellosÚltima hora

Unha muller falece nun accidente de tráfico na Veiga

A primeira hora da tarde do 8 de setembro tiña lugar un grave accidente de circulación no municipio da Veiga, segundo informa dende a OCP da Garda Civil. Un vehículo todo-terreo saíase da vía pola marxe esquerda na estrada que vai de San Fiz a Petín e, posteriormente, despeñábase e caia ao encoro de San Fiz. Como resultado do accidente falecía unha muller, C.G.C. de 43 anos, veciña de San Fiz. Era a única ocupante do vehículo e saía despedida del como consecuencia do accidente.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button