EditorialOpinión

Unha nova taxa para Valdeorras

A cidadanía do oriente ourensán pídelle aos políticos máis interese polos nosos temas. Os feitos demostran que non hai inversións, só palabras

A través dunha notificación con acuse de recibo. Así se enteraban a maior parte dos valdeorreses de que a partir de agora terán que pagar unha nova taxa para a depuración da auga. Sopresa, desconcerto e algún que outro enfado foron as reaccións. O recibo remitíao a Deputación de Ourense, pero a decisión sobre a nova taxa tomábase no marco do Consorcio de Augas de Valdeorras, un proxecto piloto a nivel galego promovido polo organismo provincial. Del forman parte, ademais da Deputación, os nove concellos da comarca de Valdeorras e Augas de Galicia. Con este consorcio e coas implicacións e características desta nova taxa, que pagarán uns 13.000 valdeorreses e que está suscitando numerosas dúbidas entre a cidadanía, abrimos a edición de xullo do Periódico O Sil.
Neste número tamén nos achegamos ata a Confederación Empresarial de Ourense (CEO), cuxo equipo directivo se renovaba a finais do pasado mes de abril. Mantemos unha conversa co seu novo presidente, José Manuel Pérez Canal, xusto antes de que presida a súa primeira asemblea xeral na confederación, prevista para o 3 de xullo. Nesta entrevista explica os novos proxectos nos que traballa a entidade e tamén as súas demandas en materia de infraestruturas, entre elas a necesidade de que se axilice o proxecto de construción da autovía A-76.
As infraestruturas viarias foron tamén o motivo que reunía o 27 de xuño a empresarios valdeorreses e representantes políticos da comarca no Barco. Da xuntanza saía unha demanda unánime dirixida ao Ministerio de Fomento: o arranxo urxente das estradas N-120 e N-536. Tamén se insistía en que se axilice o informe da declaración de impacto ambiental da futura A-76.
O mundo do viño e da moda son outros dous sectores nos que poñemos o foco neste mes de xullo. No primeiro caso incidimos, de maneira especial, na Denominación de Orixe Valdeorras que ultima os detalles da súa XVI Feira do Viño, prevista para os días 13 e 14 de xullo. Pero iso facémolo sen esquecernos da actualidade das outras tres denominacións ourensás, como é o caso do Ribeiro que en xuño entregaba os seus premios anuais.
Ademais mergullámonos no mundo da moda nunhas páxinas especiais nas que repasamos as pasarelas de moda do Barco, Galicia Fashion Week e Mercedes Benz Fashion Week.
Cruzamos asemade fronteiras para coñecer como vive e traballa un fotógrafo de moda de orixe valdeorresa afincado dende hai seis anos  en Toquio, David Rodríguez. Hai asemade neste mes xullo un apartado adicado á multitude de eventos festivos e gastronómicos que se desenvolverán en diversos puntos da provincia.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close