DeportesÚltima hora

V Carreira Popular Torre do Castro, en Sandiás

Esta competición desenvolverase o vindeiro 1 de xuño e incluirá cinco probas diferentes
Acto de presentación da carreira.
Acto de presentación da carreira.

A A. D. Limiactiva encargarase, un ano máis, da organización da V Carreira Popular do Castro (Sandiás), que contará con 5 probas durante a mañá do domingo día 1 de xuño. A alcaldesa de Sandiás, Concepción Méndez, e o presidente da A. D. Limiactiva Óscar Gómez, presentaban ante a prensa o programa deste ano.

Gómez indicaba que se mantén o esquema de anteriores anos coas mesmas carreiras, percorridos e horarios. Quixo destacar o composición dos novos equipos, que pasan a estar formados por 4 atletas, sendo obrigatorio que conten con alomenos unha muller entre os seus componentes. A Torre do Castro e o San Bieito de Uceira, serán testigos de novo do estado de forma dos atletas que se atreverán a desafiar as duras rampas que levan ata a capela do santo.

As inscricións online poden facerse na web www.carreirasgalegas.com e presencialmente na Casa do Concello de Sandiás, así como na tenda de deportes Running Sport Ourense. O prazo de inscrición remata o xoves día 29.

Dende o Concello de Sandiás e a A. D. Limiactiva agradeceuse o apoio das empresas patrocinadoras, “pois o seu esforzo e colaboración é fundamental para que a carreira siga sumando edicións”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button