ConcellosÚltima hora

VI Convivencia nas Adegas de Oval (Rubiá)

A cita terá lugar o 16 de agosto a partires das sete e media da tarde neste pobo valdeorrés
Participantes na pasada edición da Convivencia nas Adegas en Oval./ Foto: Carlos G. Hervella.
Participantes na pasada edición da Convivencia nas Adegas en Oval./ Foto: Carlos G. Hervella.

Os veciños de Oval (Rubiá) ultiman os preparativos do que é unha das súas festas máis multitudinarias: a Convivencia nas Adegas. A cita, que o ano pasado reunía a unhas 1.300 persoas, cumpre xa seis edicións nas que o bo viño, os pinchos e sobre todo un ambiente moi especial e animado son os seus principais reclamos.

Desta volta esta singular ruta festiva terá lugar o 16 de agosto a partires das 19:30h. da tarde. Prévese que nesta edición serán unhas 14 adegas as que abrirán as súas portas a público. O prezo da taza ou entrada será de 9 euros e a cambio os participantes poderán degustar “bo viño, variedade de pinchos, ademais de moita festa con charangas” e xa como fin de festa unha discoteca móbil.

Esta VI Convivencia nas Adegas de Oval (Rubiá) será organizada, un ano máis, pola Asociación de Veciños de Adegas de Oval.

Foto: Carlos G. Hervella

(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button