CulturaCultura

Vida, novo proxecto audiovisual de Rubén Riós

Casting da produtora Claqueta Coqueta, o 30 de setembro no Auditorio de Ourense
O equipo de Vida.
O equipo de Vida.

O vindeiro martes 30 de setembro ás 11h. terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense o casting da nova produción de Claqueta Coqueta: Vida, un proxecto audiovisual de ficción dirixido por Rubén Riós, que será rodado na provincia de Ourense a finais de 2014.

Tal como adiantan dende a produtora, a obra narra un relato que “xurde da unión de dúas historias semellantes pero distintas, nas que vemos como os nosos protagonistas teñen que loitar contra os obstáculos que lles van xurdindo ao longo da súa vida”. Os protagonistas do filme son traballadores de Aspanas Termal, centro especial de emprego que ten como obxectivo a inclusión social e laboral de personas con discapacidade intelectual.

“O proxecto vai máis aló da propia realización dunha obra audiovisual” din dende a produta, engandindo que “trátase tamén dun proxecto de inclusión social no que persoas con discapacidade intelectual involúcranse nunha produción cinematográfica cun obxectivo lúdico e didáctico”.

Este será o terceiro proxecto de ficción como director de Rubén Riós quen asegura que “é un proxecto ilusionante en tódolos sentidos”. O casting estará aberto a persoas de tódalas idades para completar o equipo artístico, tanto en figuración como en papeis de reparto. Para participar, tan só é necesario enviar un correo electrónico cos datos personais a maiscavida@gmail.com ou chamando ao teléfono 988 22 43 32.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close